Unha profesión de servizo á sociedade

EMUGA / Radiofusion
EMUGA / Radiofusion
Unha profesión de servizo á sociedade
Cargando
/

O xornalista Marcos Méndez Moreira foi o gañador do premio José Couso de Liberdade de Prensa 2023 correspondente á súa décimo novena edición. Trátase dun galardón que conceden o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol.

“Somos unha profesión de servizo á sociedade”, destaca Marcos Méndez que segue a denunciar a “precariedade laboral enquistada” na que sobreviven moitos xornalistas. Reclama a importancia dunha profesión necesaria para evitar a difusión de mentiras e a manipulación da opinión pública.

O colexio profesional de Xornalistas de Galicia e o Clube de Prensa de Ferrol crearon o Premio José Couso de Liberdade de Prensa en memoria do cámara ferrolán José Couso, asasinado no Hotel Palestina de Bagdad o 8 de abril de 2003 mentres cubría o conflito bélico en Iraq para os informativos de Tele 5. Os organizadores queren persoalizar na figura de Couso a todos aqueles xornalistas, galegos ou non, que cada ano son asasinados, maltratados ou privados dos seus dereitos como persoas e como informadores.

Marcos Méndez Moreira naceu en Lugo en 1976. É licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Navarra, ten un máster de Producción Audiovisual pola Universidade Complutense e Máster en Industrias Creativas na Universidade de Santiago de Compostela. Incorporouse aos medios de comunicación en 1996 exercendo como xornalista en Localia Lugo, Atlas Galicia, Antena 3 e TVE. Dende o ano 2010 traballa como xornalista freelance. A súa labor xornalistíca levouno aos cinco continentes e, dende o 25 de febreiro de 2022 é corresponsal na guerra de Ucraína.

Méndez tivo o privilexio de traballar co propio José Couso polo que lembra que temos que seguir pedindo xustiza.

CON: Marcos Méndez Moreira, xornalista

https://couso.xornalistas.gal/edicions/actual/marcos-mendez/?lang=es

REALIZACIÓN: Susana Falcón, EMUGA/Radiofusión

Deja un comentario

Ir al contenido
Resumen de privacidad

Una cookie es un pequeño fichero de texto que se guarda en tu navegador con una serie de datos. Este fichero tiene una fecha de caducidad (pasada la misma la cookie se elimina automáticamente).

En Europe in my Backyard usamos cookies para guardar tus preferencias, acceder a ellas cuando nos visites de nuevo y mejorar de esta forma tu experiencia de navegación.

Además recopilamos información a través de cookies de terceros como Google Analytics para conocer mejor nuestra audiencia y detectar posibles mejoras en nuestra web.

Cookies estrictamente necesarias

Las cookies estrictamente necesarias son aquellas que nos permiten guardar en tu navegador tus preferencias de ajustes de cookies.

Cookies de terceros

Este sitio web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima, como la cantidad de visitantes al sitio y las páginas más populares.

Mantener esta cookie habilitada nos ayuda a mejorar nuestro sitio web.