TERRAZA ECOFRIENDLY

EMUGA / Radiofusion
EMUGA / Radiofusion
TERRAZA ECOFRIENDLY
Cargando
/

O IES de Fene acadou en 2023 dous recoñecementos no Torneo de Robótica First Lego League Galicia. “Os robots do Pazo” é o nome do equipo formado por alumnos e alumnas de primeiro, segundo e terceiro da ESO que deseñaron o proxecto de Terraza Ecofriendly, calefactada con chan radiante mediante placas fotovoltaicas e bomba de calor. O obxectivo desta idea é substituír as bombonas de butano por un sistema máis ecolóxico. Juana Polo, adestradora do equipo gañador e profesora de tecnoloxía do IES de Fene.

Tendo en conta a temática da enerxía marcada nesta edición pola First Lego League, no IES de Fene tiveron clara a súa idea dende o principio. A rapazada tivo que facer o traballo fóra do horario lectivo, nos recreos, e a resposta foi moi boa. Contaron, ademais, coa axuda de diversos expertos na materia.

A First Lego League é unha competición organizada en Galicia pola Universidade da Coruña. Celébrase tódolos anos no Campus Industrial de Ferrol e ten como eixe a robótica, pero vai moito máis alá xa que ademais de construir un robot con pezas de Lego e programalo para que cumpla unha serie de misións, sempre lanza un desafío, este ano nomeado SuperPowered, sobre o que os participantes deben investigar e desenvolver unha solución innovadora.

Ademais, tamén se poñen en xogo os valores de equipo, compañeirismo, respecto entre eles e cos demais equipos e, nesta ocasión, tamén os medioambientais.

CON: Juana Polo, docente Tecnoloxía IES de Fene

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesfene/

REALIZACIÓN: Susana Falcón, EMUGA/Radiofusión

Deja un comentario

Ir al contenido
Resumen de privacidad

Una cookie es un pequeño fichero de texto que se guarda en tu navegador con una serie de datos. Este fichero tiene una fecha de caducidad (pasada la misma la cookie se elimina automáticamente).

En Europe in my Backyard usamos cookies para guardar tus preferencias, acceder a ellas cuando nos visites de nuevo y mejorar de esta forma tu experiencia de navegación.

Además recopilamos información a través de cookies de terceros como Google Analytics para conocer mejor nuestra audiencia y detectar posibles mejoras en nuestra web.

Cookies estrictamente necesarias

Las cookies estrictamente necesarias son aquellas que nos permiten guardar en tu navegador tus preferencias de ajustes de cookies.

Cookies de terceros

Este sitio web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima, como la cantidad de visitantes al sitio y las páginas más populares.

Mantener esta cookie habilitada nos ayuda a mejorar nuestro sitio web.