T3XE64 – REXENERANDO – LABORATORIO APODERAMENTO LGBTI+

Cando as Nacións Unidas decidiron en 2015 crear un conxunto de obxectivos globais para acabar coa pobreza e a desigualdade para 2030, acordáronse sobre a base de que se aplican para todos, en todas partes e «non deixarán a ninguén atrás».

E non é esta unha premisa valeira, o principio de «non deixar a ninguén atrás» é especialmente relevante para todas as persoas que sofren discriminacións de calquera tipo e condición.

É unha realidade que o colectivo LGBTIQ+, foron deixadas atrás repetidamente polas iniciativas de desenvolvemento nacionais e internacionais. As leis discriminatorias, os proxectos que non recoñecen as súas necesidades específicas e as actitudes sociais negativas combináronse para impedir o avance das persoas LGBT. As consecuencias de esta invisibilización son tanto máis graves se falamos nun colectivo con escasas capacidades de defensa, como é o caso da infancia e a xuventude LGBTIQ+.

Os ODS teñen que dar cabida a todas as realidades e facer boa a premisa de “non deixar a ninguén atrás”. Esa é a lectura que temos que facer na aplicación da meta 4.a do ODS 4 Educación Inclusiva e de Calidade. “Construír e adecuar instalacións educativas que teñan en conta as necesidades do alumando e as persoas con discapacidade e as diferenzas de xénero, e que ofrezan contornas de aprendizaxe seguros, non violentos, inclusivos e eficaces para todos”. As contornas de aprendizaxe seguras non poden entenderse como edificios que respecten as normas de eficicabilidade, a seguridade ten que ser, neste caso, un concepto holístico, xa que o desenvolvemento das persoas ten que contemplar todos as súas características.

Conscientes de que os centros de ensino teñen que ser espazos seguros tamén no que á igualdade e a identidade de xénero se refiren, a Sociedade Cooperativa Rexenerando, unha cooperativa sen ánimo de lucro do eido da intervención sociocomunitaria, fundada no 2014 no Golfo Ártabro e formada por un equipo multidisciplinar , teñen creado un proxecto que quere, traballando coa mocidade e a comunidade educativa, crear espazos educativos seguros e inclusivos.

O “Laboratorio de Apoderamento LGBT+” (LAB LGBT+) é un programa de carácter social que busca sensibilizar as comunidades locais no respecto á diversidade sexual, traballando de maneira específica coa mocidade. Nace como unha aposta pola creación espazos educativos máis seguros e inclusivos, onde todo o estudantado, á marxe da súa identidade, expresión de xénero e/ou orientación sexual poida sentirse recoñecido e aceptado.

Falamos con Martín Añel, Sociólogo especializado en igualdad de xénero e diversidade sexual da Cooperativa Rexenerando.

Realizado por Henrique Sanfiz e Ana Santiago, EMUGA

Ir al contenido
Resumen de privacidad

Una cookie es un pequeño fichero de texto que se guarda en tu navegador con una serie de datos. Este fichero tiene una fecha de caducidad (pasada la misma la cookie se elimina automáticamente).

En Europe in my Backyard usamos cookies para guardar tus preferencias, acceder a ellas cuando nos visites de nuevo y mejorar de esta forma tu experiencia de navegación.

Además recopilamos información a través de cookies de terceros como Google Analytics para conocer mejor nuestra audiencia y detectar posibles mejoras en nuestra web.

Cookies estrictamente necesarias

Las cookies estrictamente necesarias son aquellas que nos permiten guardar en tu navegador tus preferencias de ajustes de cookies.

Cookies de terceros

Este sitio web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima, como la cantidad de visitantes al sitio y las páginas más populares.

Mantener esta cookie habilitada nos ayuda a mejorar nuestro sitio web.