Na última década, os glaciares en España experimentaron un retroceso acelerado, cunha significativa perda de extensión e espesor. Así o destaca o informe CLIVAR-Spain 2024, elaborado polo Comité CLIVAR-España. Este informe, forma parte dunha iniciativa internacional orientada a mellorar a comprensión do cambio climático e os seus efectos. Desde a súa creación en 2004, consolidouse como un referente na investigación climática en España,
Esta publicación ofrece unha actualización sobre o estado do clima en España, destacando os efectos do cambio climático nos ecosistemas terrestres e mariños do país. Para a súa elaboración reúne os avances científicos máis recentes e complementa as conclusións do Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC) a nivel global, proporcionando unha visión detallada dos impactos e riscos climáticos no territorio español.
Imos coñecer algunha das conclusións deste informe da man de dous dos investigadores do Grupo de Investigación en Cambio Ambiental (GRICA) do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da UDC; Armand Hernández e Roberto Bao, que participaron como coautores dun dos Capítulos deste informe.
Con:
Armand Hernández climatólogo e investigador Ramón y Cajal no Instituto CICA da Universidad de A Coruña https://x.com/armandherndz?lang=gl
Roberto Bao, Profesor Titular de Paleontoloxía, Catedrático da Universidade da Coruña, investigadores do Grupo de Investigación en Cambio Ambiental (GRICA) do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da UDC
Realizado por Ana Santiago – EMUGA – RADIOFUSIÓN
