Creada en maio de 2008, AGARESO defínese como unha organización non gobernamental de desenvolvemento laica, comprometida politicamente pero apartidista. Estamos convencidas e convencidos de que a comunicación é unha disciplina imprescindible cara a unha reflexión social colectiva, o empoderamento dos individuos/as, a defensa dos dereitos humanos e o desenvolvemento dos pobos. Os seus integrantes están comprometidos co deseño, a produción, realización e difusión de proxectos de cooperación que contribúan á creación dunha cidadanía máis crítica e capacitada para a loita contra a desigualdade global.
Con Rocío Cadahía, Presidenta de AGARESO
Realizado por Ana Santiago López, EMUGA
