Hai proxectos empresariais que se emprenden por amor, neste caso por amor á arte. Debuxo, artesanía e educación artística conviven en Laudas Calamity onde conflúen tres grandes grupos de traballo: Laura Bouza Artista, Artesanía de Galicia e Laboratorio de Creación.
Laura Bouza iniciou o proxecto Laudas Calamity como unha taller de artesanía no que a artista elaboraba pezas de xoiaría con madeiras nobres, pero pronto o proxecto mudou coa oferta de clases de educación artística.
“Dende o 2015 que abrín o laboratorio ata hoxe mellorei e evolucionei moitísimo polos ‘chiquiartistas’. O meu grao de area vai servir para que vexan que si que pode haber unha saída laboral dentro das belas artes”, explica Laura Boruza, ao tempo que recalca a importancia de ensinar arte máis alá do que fai o sistema educativo convencional.
Quería adicarme ao que eu estudei. Non me gusta que no sistema educativo lle chamen ‘plástica’ á materia de artes. Eu quería que alumnado coñecese a arte contemporánea, entender que as cousas están relacionadas… A través da arte se poden dar tódalas materias dunha maneira máis creativa e entretida.
Pero a iniciativa de Laura Bouza vai máis aló dun proxecto educativo, a súa proposta redunda nunha intervención social con propostas de traballo dentro dos seus laboratorios, como os proxectos expositivos de fin de curso, o deste curso ao redor dos trastornos mentais, ou os traballos fora das aulas como as intervencións de rúa nos que fan realizacións artísticas en espazos públicos, todos eles con temáticas que espertan continuamente a curiosidade do alumnado que as desenvolven e das persoas que as contemplan.
CON: Laura Bouza, artista propietaria de Laudas Calamity
REALIZACIÓN: Susana Falcón, EMUGA/Radiofusión