Un marco para a compostaxe

Revitaliza  encárgase de  xestionar a recollida selectiva, de ofrecer un marco provincial para os concellos adheridos á compostaxe en Pontevedra e de difundir os seus contidos en ámbitos educativos. Con Manuel Domínguez. Biólogo e coordinador do equipo educativo do proxecto de compostaxe Revitaliza.

Achegamento á natureza

O monumento natural Costa de Dexo é un espazo cada vez máis visitado debido ao aumento da concienciación da poboación sobre a conservación do medioambiente. A pandemia e os efectos do cambio climático están a provocar un maior achegamento á natureza por parte dos cidadáns. Dependemos dela e temos que coidala. Con Serxio París, educador … Leer más

Evitar os residuos mariños

Cabichas, envases de alimentos ou elementos relacionados coa pesca son algúns dos milleiros de residuos que acaban no mar e que ameazan de xeito moi intenso aos ecosistemas terrestres e mariños, ademais da saúde humana. A meirande parte dese lixo está a provocar problemáticas ambientais moi graves que resulta necesario mitigar e reverter. ConLaura Calvo, … Leer más

Respeto polo entorno

O Concello de Allariz é un referente na posta en valor do territorio e o respeto polo entorno. O coidado do medioambiente xoga un papel destacado neste municipio ourensá que mima a súa paisaxe con diferentes iniciativas relacionadas coa reciclaxe ou a compostaxe. Con Bernardo Varela, Concelleiro de Medio Ambiente de Allariz.

As consecuencias do cambio climático no agro

As secas prolongadas de outono e inverno nos campos galegos está a xerar inseguridade nos agricultores. Os produtores insisten dende o ruraln a necesidade de modificar os métodos de cultivo para adaptalos ás consecuencias do cambio climático. Con María Xesús Castro, agricultora no Pazo de Meire (Allariz)

Base con follas de piñeiro

O uso de follas de piñeiro en lugar de microplásticos axuda ás prantas a que non precisar tanta auga e a evitar as malas herbas. Está técnica moito  máis respetuosa co medioambiente acidifica o chan para o cultivo ecolóxico de arandos. Con  Anne Lanevschi, produtora de arandos ecolóxicos.

Un problema para os cultivos

O cambio climático estase a notar en Galicia e xa supón un problema para moitos cultivos. Entre eles, o de arandos. Anne Lanevschi leva oito anos producindo este froito na nosa comunidade e as súas terras da Finca A Condesa constatan as novas condicións térmicas. Con Anne Lanevschi, produtora de arandos en Finca A Condesa.

Envoltorios sen plásticos

Recibir un pedido de Atalanta Madeira e sinónimo de preocupación polo medioambiente e pola reutilización dos materiais. Nin plásticos nin papel burbulla forman parte dos envoltorios das pezas enviadas.  Con Isabel Neira, torneira e propietaria de Atalanta Madeira.

Faixas contra as pirófitas

 As especies pirófitas non poden estar preto das vivendas. O Concello de Foz traballa na loita contra os lumes coa implantación de faixas de protección e na creación de espazos libres de eucaliptos. Con Francisco Fanego, Concelleiro de Medio Ambiente de Foz.

Revitalizar o medio para frear os incendios

O cambio climático e o abandono do rural están a agudizar o problema dos incendios. Unha cuestión moi grave á que temos que poñer freo revitalizando e coidando as nosas terras.  Con Carlos Vales, director do CEIDA. (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia)

Ir al contenido