Oito de cada dez familias de persoas falecidas din que si á doazón

EMUGA / Radiofusion
EMUGA / Radiofusion
Oito de cada dez familias de persoas falecidas din que si á doazón
Cargando
/

Alcer Coruña é a Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril. Naceu no ano 1976, co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal e dos seus familiares.

Alcer está formado por un grupo de profesionais, colaboradores e voluntarios que comparten os principios da entidade, e que traballan para contribuir á consecución dos obxectivos da asociación. Rafael Rodríguez é o seu presidente sinala que o nivel de doazóns en Galicia é cada vez maior, “oito de cada dez familias de persoas falecidas din que si á doazón”. A concienciación está a aumentar de maneira considerable.

Grazas ao labor de difusión de ALCER, a doazón de órganos xa non é un tema tabú. Cada vez é máis frecuente que a persoa deixe manifestada a súa vontade de doar. Medra a cifra de persoas dispostas a doar, pero á primeira dificultade é atopar quen poida facelo xa que só unha de cada cen persoas que morren no hospital poden ser doadores de órganos.

Alcer segue a ofrecer cada día unha serie de servizos ás persoas con enfermidade renal e as súas familias, dando resposta ás demandas e necesidades que teñen as persoas que padecen algún tipo de patoloxía crónica.

Ademais, desenvolven actividades que teñen como obxectivo a sensibilización da sociedade en relación á doazón e o transplante de órganos, conseguindo deste xeito, ata día de hoxe, case 30.000 carnets de donantes.

Con : Rafael Rodríguez, presidente de ALCER Coruña
https://alcercoruna.org/

Realización: Susana Falcón, EMUGA Radiofusión

Deja un comentario

Ir al contenido
Resumen de privacidad

Una cookie es un pequeño fichero de texto que se guarda en tu navegador con una serie de datos. Este fichero tiene una fecha de caducidad (pasada la misma la cookie se elimina automáticamente).

En Europe in my Backyard usamos cookies para guardar tus preferencias, acceder a ellas cuando nos visites de nuevo y mejorar de esta forma tu experiencia de navegación.

Además recopilamos información a través de cookies de terceros como Google Analytics para conocer mejor nuestra audiencia y detectar posibles mejoras en nuestra web.

Cookies estrictamente necesarias

Las cookies estrictamente necesarias son aquellas que nos permiten guardar en tu navegador tus preferencias de ajustes de cookies.

Cookies de terceros

Este sitio web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima, como la cantidad de visitantes al sitio y las páginas más populares.

Mantener esta cookie habilitada nos ayuda a mejorar nuestro sitio web.