O sabugueiro é o caviar da terra

EMUGA / Radiofusion
EMUGA / Radiofusion
O sabugueiro é o caviar da terra
Cargando
/

As súas bagas conteñen grandes propiedades nutritivas e medicinais. Pero tamén son antioxidantes, antivirais, antiinflamatorias e antisépticas. Reforzan as defensas e teñen calidades depurativas e antioxidantes.

Marmeladas, viño, cervexas, licores, bombóns. Son moitos os produtos que elabora, desde hai dez anos, a empresa Carabuñas que está a recuperar e por en valor este arbusto.

Detrás de Carabuñas están Eva e Nelson, “Os do sabugueiro”. Desenvolven o seu traballo en Vilar de Santos, unha zona declarada Reserva da Biosfera Área de Allariz pola Unesco. Teñen catro liñas de actuación en torno ao sabugueiro: alimentación, investigación, cultivo e cultura. Queren poñer en valor os recursos naturais, dar unha volta á tradición e sumar na sustentabilidade do rural galego.

O obxectivo é a aproveitar un recurso que estaba abandonado e que conta con moitas propiedades medicinais que eran coñecidas de vello no rural, pero nos tempos modernos, coa emigración ás cidades, os seus valores fóronse esquecendo. Ao longo dos séculos utilizáronse os seus froitos e flores para elaborar xaropes, infusións ou cataplasmas destinados a combater afeccións do sistema respiratorio. Agora, diversos estudos apoian estes remedios con evidencias científicas sobre as propiedades desta planta para paliar os efectos do catarro e procesos gripais.

Desde Vilar de Santos, os seus produtos chegan hoxe a fogares, tendas, bares e restaurantes de toda Europa.

CON: Eva e Nelson, propietarios de CARABUÑAS

https://carabunhas.com/

REALIZACIÓN: Susana Falcón, EMUGA / Radiofusión

Deja un comentario

Ir al contenido
Resumen de privacidad

Una cookie es un pequeño fichero de texto que se guarda en tu navegador con una serie de datos. Este fichero tiene una fecha de caducidad (pasada la misma la cookie se elimina automáticamente).

En Europe in my Backyard usamos cookies para guardar tus preferencias, acceder a ellas cuando nos visites de nuevo y mejorar de esta forma tu experiencia de navegación.

Además recopilamos información a través de cookies de terceros como Google Analytics para conocer mejor nuestra audiencia y detectar posibles mejoras en nuestra web.

Cookies estrictamente necesarias

Las cookies estrictamente necesarias son aquellas que nos permiten guardar en tu navegador tus preferencias de ajustes de cookies.

Cookies de terceros

Este sitio web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima, como la cantidad de visitantes al sitio y las páginas más populares.

Mantener esta cookie habilitada nos ayuda a mejorar nuestro sitio web.