‘Non temerás os coches amarelos’

EMUGA / Radiofusion
EMUGA / Radiofusion
‘Non temerás os coches amarelos’
Cargando
/

Cunha adicatoria a mulleres que sufriron violencia comeza o libro de Marta Villar, ‘Non temerás os coches amarelos’. A través dos personaxes desta novela, a xornalista e escritora de Malpica trata de dar unha nova vida ás mulleres vítimas.

“As motivacións de escribir a novela foron cousas que me chamaron a min a atención cando eu era máis nova. Houbo tres feitos que me chamaron moito á atención e que teñen que ver coa violencia de xénero: a tortura e asasinato das nenas de Alcásser, a morte de Ana Orantes e unha das primeiras noticias que tiven que facer para o xornal sobre unha manifestación para saber onde estaba María Xosé Arcos. Eses feitos determináronme moito e eu quería adicarllo a todas esas mulleres, as que saen no libro e moitísimas máis, para que non sexan sempre ás vítimas. De feito, unha das personaxes chámase María Xosé Arcos un pouco de homenaxe. Estas mulleres non merecen ser coñecidas só como vítimas porque un home acabara con elas.

A modo de reflexión, Marta Villar propón un debate sobre os mecanismos de defensa das mulleres.

A precariedade existente no xornalismo é outro dos temas que se toca nesta novela. É unha profesión que ten moito de maxia e iso xoga en contra dos que nos adicamos a isto. Aínda que hai partes do xornalismo como o feito de poder axudar aos demáis que engrandecen, e moito, á profesión.

Marta criouse no rural, coñéceo ben e por iso envía unha mensaxe de realismo sobre a situación actual do rural galego. Bota en falta moitas cousas do pasado que se foron perdendo.

Antes as vacas tiñan nome. Agora xa non…

 Con Marta Villar
https://www.xerais.gal/libro/narrativa/non-temeras-os-coches-amarelos-marta-villar-9788411102643/

Realización: Susana Falcón. EMUGA / RADIOFUSIÓN

Deja un comentario

Ir al contenido
Resumen de privacidad

Una cookie es un pequeño fichero de texto que se guarda en tu navegador con una serie de datos. Este fichero tiene una fecha de caducidad (pasada la misma la cookie se elimina automáticamente).

En Europe in my Backyard usamos cookies para guardar tus preferencias, acceder a ellas cuando nos visites de nuevo y mejorar de esta forma tu experiencia de navegación.

Además recopilamos información a través de cookies de terceros como Google Analytics para conocer mejor nuestra audiencia y detectar posibles mejoras en nuestra web.

Cookies estrictamente necesarias

Las cookies estrictamente necesarias son aquellas que nos permiten guardar en tu navegador tus preferencias de ajustes de cookies.

Cookies de terceros

Este sitio web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima, como la cantidad de visitantes al sitio y las páginas más populares.

Mantener esta cookie habilitada nos ayuda a mejorar nuestro sitio web.