Enerxía “Kilómetro Cero”

EMUGA / Radiofusion
EMUGA / Radiofusion
Enerxía “Kilómetro Cero”
/

As comunidades enerxéticas son entidades de participación aberta e voluntaria co obxectivo de achegar beneficios ambientais, enerxéticos e económicos ás persoas, entidades, empresas e institucións que poden formar parte delas.

Este tipo de comunidades no só conseguen reducir a factura eléctrica senón tamén democratizar a xestión da enerxía.

O Concello de Moeche é pioneiro na comarca de Ferrolterra na creación dunha comunidade aberta á participación de toda a veciñanza interesada e que favorece a instalación de paneis fotovoltaicos para autoconsumo. Poden entrar persoas individuais, comunidades de montes en man común, pequenas empresas e asociacións ademais do  Concello promotor. A comunidade impulsará proxectos de xeración de enerxía renováble, participará na xestión técnica dos mercados, almacenará e distribuirá enerxía e acadará unha maior eficiencia enerxética das vivendas. Dende o concello calculan que precisarán instalar paneis fotovoltaicos que xeren 2 quilovatios por cada vivenda, entre 5 e 7 por pequena empresa. A comunidade enerxética permite un aforro nos consumos eléctricos de preto do 50% recuperando o investimento nun prazo de seis anos.

A Comunidade Enerxética de Moeche conta cunha páxina web para informarse ou sumarse a esta iniciativa. Ademáis das vantaxes técnicas, non podemos esquecer as vantaxes sociais deste tipo de proxectos.

 

CON: Xosé Manuel Golpe, Asesor enerxético

https://cemoeche.carrd.co/

REALIZACIÓN: Susana Falcón, EMUGA/Radiofusión

Deja un comentario

Ir al contenido