É imprescindible protexer ao lobo e protexer ao gandeiro

EMUGA / Radiofusion
EMUGA / Radiofusion
É imprescindible protexer ao lobo e protexer ao gandeiro
Cargando
/

Grupo Lobo Galicia é unha organización medioambiental para a defensa e conservación da biodiversidade da nosa xeografía, e en particular do lobo ibérico.

Jorge García voceiro da organización Grupo Lobo con sede en Narón asegura que a poboación de lobos en Galicia está estancada, segundo os censos realizados pola administración. Por iso, sorprende a proliferación ultimamente de noticias referidas a ataques causados por lobos que causan alarma na poboación.

O medo ao lobo “é cultural, o ser humano non está na súa dieta, a súa reacción é fuxir, non hai ataques de lobo a humanos, podería darse algún, si, pero a realidade é que non se dan, o que hai é un alarmismo que non está xustificado e é tendencioso”, asegura o experto.

Grupo Lobo quere favorecer a coexistencia entre lobos e humanos porque esta especie desempeña un labor positivo no ecosistema. “O lobo garante que se manteñan os equilibrios do ecosistema, provoca unha mellora xenérica das presas sobre as que depreda, facilita que sexan os máis sans os que se reproduzan”. Certo que “a maioría dos ataques a gando notificados son causados polo lobo”, recoñece. Por iso, “é imprescindible protexer ao lobo e protexer ao gandeiro. Non se pode entender protexer ao lobo sen protexer ao gandeiro, conviven no mesmo espazo e teñen que aprender a convivir. É cuestión de remar na mesma dirección gandeiros, conservacionistas e a administración”.

A intolerancia, a presión humana que provoca degradación dos hábitats e atropelos nas estradas, e a perda de diversidade xenética son os principais problemas aos que se enfronta o lobo, que está repartido polo 90% do territorio en Galicia.

CON: Jorge García, voceiro Grupo Lobo Galicia

https://www.grupolobogalicia.org/

REALIZACIÓN: Susana Falcón, EMUGA/Radiofusión

Deja un comentario

Ir al contenido
Resumen de privacidad

Una cookie es un pequeño fichero de texto que se guarda en tu navegador con una serie de datos. Este fichero tiene una fecha de caducidad (pasada la misma la cookie se elimina automáticamente).

En Europe in my Backyard usamos cookies para guardar tus preferencias, acceder a ellas cuando nos visites de nuevo y mejorar de esta forma tu experiencia de navegación.

Además recopilamos información a través de cookies de terceros como Google Analytics para conocer mejor nuestra audiencia y detectar posibles mejoras en nuestra web.

Cookies estrictamente necesarias

Las cookies estrictamente necesarias son aquellas que nos permiten guardar en tu navegador tus preferencias de ajustes de cookies.

Cookies de terceros

Este sitio web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima, como la cantidad de visitantes al sitio y las páginas más populares.

Mantener esta cookie habilitada nos ayuda a mejorar nuestro sitio web.