Deseño de Moda e Ecoloxía poden ir da man

EMUGA / Radiofusion
EMUGA / Radiofusion
Deseño de Moda e Ecoloxía poden ir da man
Cargando
/

O compromiso da Moda coa sustentabilidade empeza a ser unha necesidade máis que evidente xa que a moda é unha das industrias máis contaminantes tanto nos procesos de elaboración, produción como na fase posterior ao uso coa falta de reciclaxe axeitada.

Patricia Muñiz, profesora de “Deseño de Moda” do Grao Industrial de Moda que se imparte na Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña, con sede en Ferrol, considera fundamental o vínculo entre a educación e o coidado do planeta e a importancia de que os estudantes adquiran unha conciencia crítica e un compromiso coa sustentabilidade.

Froito deste traballo de concienciación, a facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña ven de recibir o Segundo Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global na categoría de ensinanzas universitarias. Este galardón foi outorgado pola Coordenadora Galega de ONG para o Desenvolvemento grazas ao proxecto “Deseño Social e Ambiental Sustentable” realizado polo alumnado do Grao Industrial de Moda, baixo a tutela de Muñíz.

O proxecto ten como obxectivo concienciar aos futuros profesionais da industria da moda sobre os efectos dos seus actos de consumo no planeta e na sociedade a través dos 5 eixos da Axenda 2030: Persoas, Prosperidade, Planeta, Paz e Alianzas.

Traballar cos ODS e o consumo responsable é o habitual nesta especialidade do campus de Ferrol. En cursos anteriores levaronse a cabo no Grao Industrial de Moda do Campus de Ferrol diversas actividades cos alumnos para que poidesen reflexionar sobre a influencia do seu traballo no futuro do planeta e propoñer solucións sostibles. Entre elas incluíronse traballos académicos centrados na sustentabilidade, a reciclaxe, a inclusión ou a economía circular.

O Grao de Xestión Industrial de Moda do Campus de Ferrol é un grao de recente implantación pero que dende o principio apostou pola sustentabilide.

Queda claro que a moda e a ecoloxía poden ir da man.

CON: Patricia Muñíz

https://humanidades.udc.es/estudos/gim

REALIZACIÓN: Susana Falcón, EMUGA/Radiofusión

 

Deja un comentario

Ir al contenido
Resumen de privacidad

Una cookie es un pequeño fichero de texto que se guarda en tu navegador con una serie de datos. Este fichero tiene una fecha de caducidad (pasada la misma la cookie se elimina automáticamente).

En Europe in my Backyard usamos cookies para guardar tus preferencias, acceder a ellas cuando nos visites de nuevo y mejorar de esta forma tu experiencia de navegación.

Además recopilamos información a través de cookies de terceros como Google Analytics para conocer mejor nuestra audiencia y detectar posibles mejoras en nuestra web.

Cookies estrictamente necesarias

Las cookies estrictamente necesarias son aquellas que nos permiten guardar en tu navegador tus preferencias de ajustes de cookies.

Cookies de terceros

Este sitio web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima, como la cantidad de visitantes al sitio y las páginas más populares.

Mantener esta cookie habilitada nos ayuda a mejorar nuestro sitio web.