A Fundación Franz Weber leva case medio século de vida adicada á protección da Natureza, dos animais e do patrimonio histórico.
Fundada en Suíza en 1975 polo xornalista Franz Weber hoxe ten presenza en distintos países do mundo. Rubén Pérez Sueiras, director de campañas e activista da Fundación Franz Weber explica os obxectivos desta Fundación en todo o mundo.
Sempre tendo en conta que “Cada realidade nacional é diferente”, a Fundación conta, por exemplo, con dous santuarios de animais en Australia e Arxentina. En Galicia, a Fundación Franz Weber céntrase na erradicación das touradas e en activides formativas relacionadas coa protección dos animais.
Ademas de loitar contra a tauromaquia, dende a Fundación Franz Weber traballan a prol dun cambio do modelo alimentario para evitar devastar o planeta.
CON: Rubén Pérez Sueiras
REALIZACIÓN: Susana Falcón, EMUGA/Radiofusión