Ao rescate dos Hórreos

A riqueza cultural dun país queda á vista tamén na súa arquitectura popular. Construcións como hórreos, cruceiros, fornos e petos de ánimas están en risco polo abandono do rural galego.

A principal función dos hórreos era gardar o grao. A primeira vez que se soubo deles en Galicia foi no século XIII, pero a chegada do millo de América xeneralizounos no S. XVII. O número de pés do hórreo era un sinal da riqueza da casa. A estética e materiais empregados para construílos son distintos en cada zona. E os nomes tamén.

O hórreo é a construción realizada despois de longo tempo observando a forma de almacenar, secar e conservar o gran, o cal esixe unha boa ventilación, illamento e protección da humidade, ademais dun máis que axeitado sistema de defensa contra insectos, roedores e paxaros.

Son moitos os hórreos que ao non ter uso, arruínanse. E iso a pesar de que os construídos antes de 1901 están protexidos coa declaración de Ben de Interese Cultural pola Lei do Patrimonio Cultural de Galicia. Falamos, xa que logo, dunha protección sobre o papel pero non totalmente efectiva. Ten moito que ver con isto o despoboamento que está a sufrir o medio rural.

E, precisamente, hai un lugar que acaba de iniciar un proxecto de conservación e recuperación dos hórreos. Trátase da parroquia de Magalofes, no concello coruñés de Fene. Unha iniciativa aplaudida pola Asociación de veciños e veciñas deste núcleo rural, Manolo Pico, presidente da Sociedade que asegura que “o fascinou dende o principio”.

CON: Manolo Pico, presidente AVV de Magalofes

REALIZACIÓN: Susana Falcón, EMUGA/Radiofusión

 

Deja un comentario

Ir al contenido
Resumen de privacidad

Una cookie es un pequeño fichero de texto que se guarda en tu navegador con una serie de datos. Este fichero tiene una fecha de caducidad (pasada la misma la cookie se elimina automáticamente).

En Europe in my Backyard usamos cookies para guardar tus preferencias, acceder a ellas cuando nos visites de nuevo y mejorar de esta forma tu experiencia de navegación.

Además recopilamos información a través de cookies de terceros como Google Analytics para conocer mejor nuestra audiencia y detectar posibles mejoras en nuestra web.

Cookies estrictamente necesarias

Las cookies estrictamente necesarias son aquellas que nos permiten guardar en tu navegador tus preferencias de ajustes de cookies.

Cookies de terceros

Este sitio web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima, como la cantidad de visitantes al sitio y las páginas más populares.

Mantener esta cookie habilitada nos ayuda a mejorar nuestro sitio web.