A Saúde Mental nos Centros Penitenciarios

EMUGA / Radiofusion
EMUGA / Radiofusion
A Saúde Mental nos Centros Penitenciarios
Cargando
/

Os problemas de saúde mental centran a maior parte das patoloxías presentes nos reclusos. A éstes súmanse, ademais, as adiccións.

Os centros penitenciarios constitúen unha oportunidade para o coidado da saúde mental dos presos. Sen embargo, son moitos os expertos que denuncian desigualdades no acceso á asistencia sanitaria na saúde mental nestes centros. O doutor Tejerina, médico rural agora xubilado, colabora co Observatorio de Derechos Humanos y Libertades de Castilla y León, visita cárceres e presos e denuncia, por exemplo, que no cárcere de Teixeiro na actualidade “só hai dous médicos para atender a novecentos presos”. Gonzalo Tejerina califica a saúde dos presos españois como catastrófica, diante desta situación o doutor aposta por un sistema de autoxestión da saúde como ferramenta de resistencia. Non é unha tarefa sinxela.

Co obxectivo de analizar a atención á saúde mental das prisións españolas, a Sociedade Española de Psiquiatría Legal e a Sociedade Española de Sanidade Penitenciaria veñen de elaborar o ‘Libro branco sobre a atención sanitaria ás persoas con trastornos mentais graves nos centros penitenciarios de España”.

O informe reflicte que, no 2023, a atención sanitaria penitenciaria comparte a mesma escasez de médicos de atención primaria e psiquiatras que o sistema nacional público de saúde. O obxectivo deste estudio é evidenciar os desafíos e as necesidades non satisfeitas, facer recomendacións e propoñer solucións que, dende a perspectiva de expertos, servan para mellorar a saúde mental das persoas que ingresan en prisión.

“Arredor de un de cada dous internos padecen de problemas de saúde mental, depresión, procesos psicóticos, esquizofrenia e patoloxías asociadas a adicción a sustancias psicotrópicas. Estas persoas están nun bucle do que é moi difícil saír, porque non teñen atención especializada” afirma o doutor.

CON: Dr. Manuel Tejerina
https://www.psiquiatrialegal.org/libroblanco2023

REALIZACION: Susana Falcón, EMUGA/Radiofusión

Deja un comentario

Ir al contenido
Resumen de privacidad

Una cookie es un pequeño fichero de texto que se guarda en tu navegador con una serie de datos. Este fichero tiene una fecha de caducidad (pasada la misma la cookie se elimina automáticamente).

En Europe in my Backyard usamos cookies para guardar tus preferencias, acceder a ellas cuando nos visites de nuevo y mejorar de esta forma tu experiencia de navegación.

Además recopilamos información a través de cookies de terceros como Google Analytics para conocer mejor nuestra audiencia y detectar posibles mejoras en nuestra web.

Cookies estrictamente necesarias

Las cookies estrictamente necesarias son aquellas que nos permiten guardar en tu navegador tus preferencias de ajustes de cookies.

Cookies de terceros

Este sitio web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima, como la cantidad de visitantes al sitio y las páginas más populares.

Mantener esta cookie habilitada nos ayuda a mejorar nuestro sitio web.