ONDA ODS - DE MEDIOS LOCALES A MEDIOS GLOCALES - EDICIÓN III (2024-2025)

A terceira edición do proxecto ONDA ODS busca impulsar sinerxías multiactor e multinivel para a promoción da Estratexia Española de Desenvolvemento Sostible a nivel estatal con propostas innovadoras. Constrúese arredor de tres piares:

A implementación do I concurso radiofónico estatal sobre ODS e Axenda 2030 entre 16 centros educativos do Estado español

“Onda ODS – o futuro é teu” é un concurso inter-institutos a nivel estatal dirixido a estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), concibido como unha iniciativa innovadora para promover o coñecemento e a acción arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Ao longo de 4 meses, 16 equipos de 4 alumnos procedentes de 16 institutos participarán nunha quincena de programas radiofónicos nos que deberán realizar probas, tests e responder a preguntas arredor de eixes centrais da EEDS e da Axenda 2030.

A xeración dunha estratexia estatal de comunicación multilingüe arredor dos ODS e dos Retos País da EEDS

Esta campaña estatal, difundida en 240 medios locais, pretende sensibilizar a 2,51 millóns de persoas en 11 comunidades, dando visibilidade ás políticas públicas, iniciativas cidadás e privadas impulsadas desde o ámbito local e rural para o cumprimento da EEDS.

Incluirá máis de 120 programas informativos en 4 idiomas, 4 magazines radiofónicos producidos simultaneamente desde os estudos dos 4 socios e en 3 idiomas (catalán, galego e castelán), 40 audiovisuais especificamente creados para a súa difusión en redes (Reels, Shorts e vídeo TikTok) para fomentar a participación dos máis novos no proxecto.

A implementación de 16 coloquios radiofónicos públicos sobre a Axenda 2030

Ao longo de 2025 celebraranse 16 coloquios radiofónicos de dúas horas en municipios, principalmente rurais e con alta vulnerabilidade social. Dirixidos a comunicadores, representantes do tecido asociativo e cidadanía local, estes encontros buscan profundar na Axenda 2030 desde unha perspectiva próxima e territorial.

En cada municipio, un grupo motor impulsará un proceso participativo para identificar a temática máis relevante segundo o contexto local e as prioridades da EEDS. Os coloquios, en formato de tertulia e coa participación de persoas expertas, emitiránse para unha audiencia estimada de 2,51 millóns de oíntes a través de catro redes radiofónicas.

ONDA ODS - EMPEZA POR TI - EDICIÓN II (2023-2024)

A segunda edición do proxecto puxo en marcha unha estratexia local-global de comunicación a nivel estatal, co fin de sensibilizar á cidadanía española sobre a Axenda 2030 e favorecer o cumprimento dos retos país da Estratexia de Desenvolvemento Sostible, mediante a participación activa de actores clave en 11 comunidades autónomas. O proxecto desenvolveuse en 3 fases:

● A creación e distribución masiva dun kit de estratexias e contidos de comunicación sobre os ODS

Partindo dunha fase de investigación e identificación de prácticas novidosas, un grupo motor a nivel estatal constituído por profesionais procedentes das 4 redes de medios locais socios do proxecto crearon un Kit de estratexias e contidos de comunicación sobre os ODS. Intitulado ComunicánDonoS, esta guía pretende ofrecer ferramentas comunicativas, procesos e metodoloxías, así como exemplos de formatos de audio, vídeo e de RRSS que teñan un gran potencial en canto á promoción das temáticas relacionadas coa Axenda 2030. Traducido a 3 idiomas, distribuíronse máis de 2000 exemplares a entidades sociais e medios de comunicación locais a nivel estatal.

● A implementación de 12 estratexias locais de comunicación sobre os ODS xeradas por alianzas locais multiactor e multinivel en 12 municipios

Estas campañas apuntaron a aterrar a Estratexia Española de Desenvolvemento Sostible e ofrecer á cidadanía información clave que permita favorecer cambios de hábitos para a consecución de ODS específicos en cada municipio. En cada municipio, creouse unha alianza local formada por representantes do goberno local, dos medios de proximidade e do tecido asociativo e privado. Xuntos realizaron un diagnóstico que permitiu identificar algúns ODS prioritarios para cada municipio. Posteriormente, xeraron 12 estratexias locais intituladas Empeza por ti, destinadas a acompañar á cidadanía na súa concienciación sobre os indispensables cambios de hábitos que debemos implementar en materia de consumo, coidado do medioambiente, xénero, etc.

● A xeración dunha estratexia estatal de comunicación arredor dos retos país da Estratexia Española de Desenvolvemento Sostible (EEDS)

Esta campaña estatal, difundida en máis de 240 medios locais, sensibilizou a 2,51 millóns de persoas en 11 comunidades sobre os retos e prioridades clave identificadas na EEDS 2030. Deu voz a un sen fin de entidades e organizacións de ámbito local que implementan actividades, proxectos e iniciativas relacionadas coa consecución dos retos plantexados pola Axenda 2030.

ONDA ODS - EDICIÓN I (2021-2022)

A primeira edición de ONDA ODS descansou sobre unha estratexia de comunicación a partir de tres eixes principais:

● Unha campaña radiofónica e audiovisual con espazos específicos en tres idiomas que foi difundida en rede así como a través das emisoras asociadas ás redes de medios locais involucradas no proxecto. O seu propósito común foi dar a coñecer as diferentes formas nas que a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible pode repercutir de maneira transversal no noso territorio.

● A creación dunha rede estatal de medios locais para a implementación dos ODS. Esta rede apunta a favorecer o fortalecemento dunha alianza de máis de 240 medios locais, tanto públicos como comunitarios, para que as problemáticas, desafíos, retos e oportunidades que xiran arredor dos ODS sexan amplamente coñecidos pola cidadanía española. Reflictíuse na organización de dous eventos estatais sobre comunicación local e transición ecosocial, así como na creación de SONANDO LOCAL, unha plataforma dixital OTT para o intercambio e a difusión dos contidos producidos no marco do proxecto.

● O empoderamento da cidadanía e do tecido socioeconómico rural mediante a implementación de ciclos de formación en comunicación e manexo de ferramentas radiofónicas e audiovisuais en 12 municipios. Un total de 120 mulleres, mozos e mozas e responsables de entidades que impulsan procesos de transición ecolóxica no mundo rural xerarán contidos de audio e vídeo sobre os ODS, que serán difundidos no marco da campaña nacional en rede.

Ir o contido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.

Strictly Necessary Cookies

Strictly Necessary Cookie should be enabled at all times so that we can save your preferences for cookie settings.

Analytics

This website uses Google Analytics to collect anonymous information such as the number of visitors to the site, and the most popular pages.

Keeping this cookie enabled helps us to improve our website.