Menu


A ESTRATEXIA LOCAL EN MOECHE E OS RETOS CIDADÁNS
En Moeche, a Asociación de Emisoras Municipais Galegas – EMUGA impulsou a creación dun grupo motor que permitiu crear e lanzar a campaña Onda ODS Empeza por ti. Este grupo motor, formado por varias entidades tanto públicas como privadas procedentes do tecido sociocultural e económico do municipio, identificou varias prioridades que correspondían co diagnóstico do contexto local en canto á Axenda 2030. Tras varias reunións, decidiu que as consideradas máis adecuadas para levar a cabo a campaña en Moeche foran Igualdade de Xénero, Educación de Calidade e Auga e Saneamento. Os obxectivos 4, 5 e 6 da Axenda 2030 foron os identificados como prioritarios polos asistentes e acordaron por unanimidade incluílos nas actividades a realizar.
No caso do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 6, de auga potable e saneamento, os participantes quixeron resaltar a importancia de recoller a microtoponimia das fontes e regatos existentes no municipio como unha forma de recoñecer a importancia dos recursos hídricos locais pero tamén como elementos esenciais do desenvolvemento social e histórico das diferentes parroquias.
A situación das mulleres nas zonas rurais, con menor dispoñibilidade de recursos respecto ás mulleres dos pobos e cidades, foi moi importante nas preferencias do grupo motor á hora de seleccionar obxectivos, polo que o obxectivo número 4 apareceu como prioritario na decisión das entidades presentes en Moeche.
O obxectivo número 5, Educación de Calidade, tamén tivo especial apoio porque o Concello só ofrece formación no tramo obrigatorio; para poder desenvolver a formación no tramo postobrigatorio, o alumnado de Moeche ten que desprazarse, necesariamente, a outros concellos, o que supón un obstáculo para moitas familias.
Unha vez identificadas as prioridades, as persoas que formaban parte das entidades do grupo motor e de EMUGA xeraron e gravaron 30 retos cidadáns relacionados con estes eixes que foron posteriormente emitidos ao longo de meses na emisora municipal.




RETO 1: Defender a sanidade e profesionais sanitarios
RETO 2: Informacion na rede
RETO 3: Fontes e lavadoiros
RETO 4: Feira e produtos locais
RETO 5: Educacion publica accesible
RETO 6: Educacion de calidade e accesible
RETO 7: Deporte e saude publica
RETO 8: Compostaxe domestica
RETO 9: Coidar a calidade da auga
RETO 10: Capsulas de cafe reutilizables
RETO 11: Axudar as persoas maiores
RETO 12: Apoio a produtores locais
RETO 13: Visibilizar as mulleres nas artes
RETO 14: Turismo respectuoso
RETO 15: Traballo decente
RETO 16: Todxs somos activistas sociais
RETO 17: Sendas peonis
RETO 18: Recollida de alimentos
RETO 19: Puntos violeta
RETO 20: Produtos Km 0
RETO 21: Producion ecoloxica
RETO 22: Pescudar na memoria local
RETO 23: Ovos ecoloxicos
RETO 24: ODS3. Saude e benestar
RETO 25: ODS1. Fin da pobreza
RETO 26: ODS-15. Vida e ecosistemas terrestres
RETO 27: ODS-5.-Igualdade-de-xenero
RETO 28: Limitar a calefaccion
RETO 29: Levar recipientes a compra
RETO 30: Lavadoiros espazos de igualdade
A XORNADA DE RADIO EN DIRECTO
“Moeche pola Axenda 2030” foi a experiencia radiofónica en directo arredor dos obxectivos da Axenda 2030 que se levou a cabo en colaboración co Concello de Moeche, o Movemento de Asociacións da localidade e o alumnado e o Senado do CEIP San Ramón de Moeche o 22 de novembro de 2023. Desde as instalacións do centro educativo transmitiuse en directo un programa de tres horas de duración no que se deron a coñecer as experiencias nas que se involucran as distintas entidades participantes para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible aprobados polas Nacións Unidas.
Explicouse como se recuperou a microtoponimia da zona a partir dun traballo elaborado a partir dos datos do Catastro de Ensenada de 1752 para identificar os nomes de ríos, regatos, fontes e lavadeiros nas distintas parroquias da zona. Entrevistaron a persoas maiores para localizar eses nomes hoxe e identificar os que permanecen trescentos anos despois.
A experiencia de posta en valor e uso económico e difusión de razas gandeiras e variedades agrícolas autóctonas da man de Antonio Díaz, cociñeiro e propietario dunha empresa, Autga Autóctonas, que traballa con produtos e razas galegas. A experiencia de transformación e aproveitamento dos produtos agrícolas de A Fusquenlla, o Centro de Transformación Agroalimentaria dos municipios de Cerdido, Moeche, San Sadurniño e Valdoviño. O turismo tamén tivo un lugar no programa a través das posibilidades de uso turístico respectuoso coa natureza e o entorno do que foi unha industria mineira abandonada, como a experiencia do Geoparque Cabo Ortegal.

ESCOITA O PROGRAMA



