II XORNADAS RETOS GLOBAIS - IMPACTO LOCAL

Tras o éxito das I Xornadas Retos Globais – Impacto Local, levadas a cabo en Sevilla os días 17 e 18 de novembro de 2022 no marco do proxecto Onda ODS, EMA-RTV decidiu impulsar e organizar as II Xornadas, co obxectivo de seguir traballando as temáticas relacionadas co papel da comunicación local na consecución dos obxectivos da Axenda 2030, e abordar os eixes clave que constitúen a Estratexia Española de Desenvolvemento Sostible como a loita contra as desigualdades de xénero, a revitalización do medio rural ou a xeración de iniciativas clave para xestionar os recursos hídricos de maneira sostible.

Estas II Xornadas Retos Globais – Impacto Local desenvolvéronse nas instalacións de EMASESA (Sevilla) o 9 e 10 de novembro de 2023. Coa participación dunha decena de persoas expertas nos ámbitos clave que condicionan o noso porvir común, o obxectivo destas xornadas foi debater arredor dos procesos de cambio cara a modelos sostibles impulsados para a consecución dos ODS. Coa participación de todos os socios do proxecto ONDA ODS Empeza por ti, e mediante mesas redondas radiofónicas e conferencias, as II Xornadas Retos Globais – Impacto Local permitiron poñer o foco en estratexias que tamén permiten achegar a Axenda 2030 á cidadanía.

Testemuños das persoas participantes nas II Xornadas

Inauguración das xornadas

Coa participación de:

*ESTANISLAO MORENO DE SIMÓN, xefe de División de Relacións Institucionais e Comunicación de Emasesa

*FRANCISCO GARCÍA CRESPO, director xeral de EMA-RTV

*GABRIEL CASTAÑARES, director xeral de Políticas Palanca para o cumprimento da Axenda 2030

Retos e axenda para a comunicación local co horizonte 2030

Coa participación de:

*HENRIQUE SANFIZ, secretario xeral de EMUGA – Emisoras Municipais Galegas.

*MARÍA LÓPEZ, directora de RTV Cardedeu – A XARXA

*PACO AGUAZA, coordinador do proxecto ONDA ODS para a ReMC – Rede de Medios Comunitarios.

*FRANCISCO GARCÍA CRESPO, director xeral de EMA-RTV.

A xestión da auga en Sevilla: retos e desafíos en tempos de seca

Palestra realizada por BENIGNO LÓPEZ VILLA, xefe de División de Medio Ambiente de Emasesa

Sostibilidade medioambiental nos parques nacionais: tesouros naturais e formas de vida

Mesa redonda radiofónica realizada coa participación de:

*JUANJO CARMONA, coordinador para Doñana de WWF, avogado ambientalista.
*MANUELA CABELLO, alcaldesa de Aznalcázar e integrante da Xunta Directiva de AMUPARNA (Asoc. de Municipios con Territorio en Parques Nacionais).

A Axenda 2030: buscando o equilibrio entre o social, o económico e o ambiental

Palestra realizada por BLANCA MIEDES UGARTE, profesora de Economía Aplicada da Universidade de Huelva, directora da Cátedra de Gobernanza e Desenvolvemento Sostible da UNIA.

Equidade de xénero e masculinidades positivas e corresponsables

Mesa redonda radiofónica realizada coa participación de:

*JUANJO POYG, psicoterapeuta integrativo, experto en terapia relacional sistémica

*ÁLVARO RUIZ GARRIGA, técnico da Área de Igualdade, Non Discriminación e Interseccionalidade da Fundación Cepaim

*ÁNGEL LUIS CURIEL, integrante de B-LIFE e campión do mundo 2022 coa selección española de surf adaptado

PROGRAMAS RADIOFÓNICOS EN DIRECTO

No marco das II Xornadas Retos Globais, Impacto Local, EMA-RTV emitiu unha programación especial en directo e en vivo desde o seu estudio radiofónico móbil nas instalacións de EMASESA. Entrevistouse a todas as persoas invitadas de tal maneira que as xornadas poidan tamén sensibilizar á audiencia das máis de 90 emisoras andaluzas socias de EMA-RTV que emitiron os espazos.

EMA-RTV / Onda Local de Andalucía
EMA-RTV / Onda Local de Andalucía
Comunicación Local y Agenda 2030: el valor añadido del proyecto ONDA ODS
Loading
/

Con Guillermo Buteau, coordinador do proxecto para EMA-RTV; Armando Cascón, director de Radio Arzúa; e Henrique Sanfiz, director de EMUGA – Radiofusión

EMA-RTV / Onda Local de Andalucía
EMA-RTV / Onda Local de Andalucía
Apuntes sobre las II jornadas del proyecto Onda ODS
Loading
/

Con Henrique Sanfiz, secretario xeral da Asociación de Emisoras Municipais Galegas, EMUGA; María López, directora de RTV Cardedeu; e Francisco García Crespo, director xeral de EMA-RTV

EMA-RTV / Onda Local de Andalucía
EMA-RTV / Onda Local de Andalucía
Claves para una gestión sostenible del agua
Loading
/

Con Benigno López, xefe da División de Medio Ambiente de EMASESA

EMA-RTV / Onda Local de Andalucía
EMA-RTV / Onda Local de Andalucía
Los retos socioeconómicos y ambientales en los parques nacionales
Loading
/

Con Juanjo Carmona, coordinador para Doñana de WWF, e Manuela Cabello, alcaldesa de Aznalcázar e integrante da Xunta Directiva da Asoc. de Municipios con Territorio en Parques Nacionais

EMA-RTV / Onda Local de Andalucía
EMA-RTV / Onda Local de Andalucía
Una nueva etapa para EMA-RTV
Loading
/

Ana Carrión, directora de Onda Jerez

Ir o contido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.

Strictly Necessary Cookies

Strictly Necessary Cookie should be enabled at all times so that we can save your preferences for cookie settings.

Analytics

This website uses Google Analytics to collect anonymous information such as the number of visitors to the site, and the most popular pages.

Keeping this cookie enabled helps us to improve our website.