A loita pola igualdade de xénero, un maior respecto polo planeta e a revitalización do medio rural son os retos que inspiran este proxecto cuxo eixe central xira arredor da comunicación local..

Impulsado por 5 actores centrais do panorama mediático español, o proxecto ONDA ODS pretende levar a cabo unha estratexia de comunicación dende o ámbito local que sensibilice á cidadanía e fomente a reflexión e o debate arredor destes retos, absolutamente transversais para a vida da xente.

¡ SEGUE A ACTUALIDADE DO PROXECTO !

Os programas radiofónicos multilingües sobre os ODS

🚀 Esta semana en Onda ODS estreamos algo histórico: ¡o primeiro programa radiofónico multilingüe sobre os ODS en todo o Estado! Unha aposta pola diversidade de linguas, miradas e voces para falar da Axenda 2030 dende o local e próximo.

Neste primeiro episodio mergullámonos na emerxencia climática:
🎙️ Entrevista en profundidade
👣 Reportaxe a pé de rúa
🛡️ Consellos para combater bulos climáticos

🎙️ Dedicamos este segundo espazo radiofónico multilingüe a reflexionar sobre todo o que fai dos nosos territorios rurais modelos de innovación social ✨, pero tamén sobre os retos que afrontan cada día.

🚜 Dende o norte peninsular ata terras andaluzas 🌄, hoxe presentamos:
Mundo Rural: Raíces de Futuro 🌱💫

O I Concurso estatal radiofónico interinstituto sobre os ODS

Durante a primavera de 2025, as redes de medios que conforman o proxecto Onda ODS puxeron en marcha unha iniciativa pioneira: o primeiro concurso radiofónico estatal interinstituto sobre temáticas relacionadas coa Axenda 2030 e a Estratexia Española de Desenvolvemento Sostible. A través dunha serie de probas plasmadas en programas de radio e TV, Onda ODS favoreceu a posta en marcha dunha metodoloxía que converteu un centenar de estudantes de ESO en comunicadores activos dos ODS.

Os coloquios Onda ODS, a Axenda 2030 desde unha perspectiva local

Ao longo de 2025, os socios do proxecto estarán implementando unha serie de 16 coloquios e charla-debates radiofónicos interactivos en 16 municipios sobre aspectos locais concretos relacionados coa Axenda 2030. En cada localidade, varios expertos e expertas así como actores locais virán compartir as súas análises e debater co público arredor de temáticas centrais para o desenvolvemento sostible do seu contorno máis próximo. Mediante entrevistas máis en profundidade e a difusión dos coloquios en máis de 150 emisoras, sensibilizarase á cidadanía sobre iniciativas impulsadas desde o local que contribúen á consecución dos ODS.

Máis de 120 podcasts en 3 idiomas sobre iniciativas locais transformadoras

Producida e emitida polas emisoras participantes no proxecto, Onda ODS ofrece semanalmente unha serie de contidos radiofónicos e audiovisuais en múltiples formatos, centrados en como a Axenda 2030 impulsa a cohesión económica, a xustiza social e a sostibilidade medioambiental no noso territorio. Cada semana, a campaña Onda ODS pon á disposición da audiencia de EMA-RTV, EMUGA, a REMC, RTV Cardedeu – a XARXA espazos radiofónicos e audiovisuais en tres idiomas, dedicados á análise, ao debate e á reflexión sobre a consecución dos ODS e o seu impacto na vida cotiá da cidadanía.

¿QUE É ONDA ODS?

UNA APUESTA POR LA JUSTICIA GLOBAL DESDE LA COMUNICACIÓN LOCAL

♦ Máis de 240 medios locais en 11 comunidades autónomas

♦ 400 programas de audio e vídeo multilingües sobre medioambiente, equidade de xénero, loita contra as desigualdades, cambio climático, etc.

♦ 5 eventos estatais para medios locais sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e a Axenda 2030

♦ 12 ciclos de formación en comunicación radiofónica e audiovisual para 120 mozos e mozas en 12 municipios

♦ Un kit de comunicación sobre ODS destinado aos medios locais e ás organizacións sociais

♦ 12 estratexias locais de comunicación "Empeza por ti" en 12 municipios

♦ 1 concurso radiofónico estatal sobre ODS coa participación de 16 IES a nivel estatal

♦ 16 conferencias radiofónicas sobre a Axenda 2030 en municipios de ámbito rural, periféricos, con alto grao de vulnerabilidade social

LOS ODS Y LA AGENDA 2030

UNA ESTRATEGIA MUNDIAL PARA UN PLANETA MÁS EQUITATIVO

Los Objetivos de Desarrollo Sostenible son un llamamiento universal para poner fin a la pobreza, proteger el planeta y garantizar que para el 2030 todas las personas disfruten de paz y prosperidad.

En consecuencia, se ha establecido una agenda internacional proyectada hasta el año 2030 que se compone de 17 objetivos y 169 metas. Se trata de la Agenda 2030,  una hoja de ruta mundial para alcanzarlos.

Más sobre los ODS

UNHA ALIANZA ESTATAL DE MEDIOS LOCAIS

EMA-RTV é a rede andaluza de medios públicos e comunitarios locais. Integra máis de 90 estacións.

EMUGA – Radiofusiòn é a rede galega de medios públicos locais con 25 emisoras asociadas.

O ReMC é a rede estatal de medios comunitarios. Conta con 30 entidades asociadas, presentes en 11 comunidades

RTVC é a estación local de Cardedeu (Barcelona). Foi a primeira televisión comunitaria que emitiu en lingua catalá.

La Xarxa é a cadea catalá que ofrece contidos e servizos a máis de 200 radios, televisións e medios de comunicación locais.

UNHA ALIANZA ESTATAL DE MEDIOS LOCAIS

EMA-RTV é a rede andaluza de medios públicos e comunitarios locais. Integra máis de 90 estacións.
EMUGA - Radiofusiòn é a rede galega de medios públicos locais con 25 emisoras asociadas.
o ReMC é a rede estatal de medios comunitarios. Conta con 30 entidades asociadas, presentes en 11 comunidades
RTVC é a estación local de Cardedeu (Barcelona). Foi a primeira televisión comunitaria que emitiu en lingua catalá.
La Xarxa é a cadea catalá que ofrece contidos e servizos a máis de 200 radios, televisións e medios de comunicación locais.

MÁIS DE 300 ESTACIÓNS LOCAIS E 2,5 MILLÓNS DE OINTES

MÁIS DE 300 ESTACIÓNS LOCAIS E 2,5 MILLÓNS DE OINTES

O proxecto está a desenvolverse en 11 comunidades autónomas coa participación de máis de 240 radios e TVs locais, comunitarias e públicas, para unha audiencia estimada de máis de 2,5 millóns de oíntes. A través da produción e emisión de programas informativos sobre a Axenda 2030, de podcasts e cápsulas audiovisuais sobre as desigualdades de xénero e o quecemento global, o proxecto Onda ODS fai realidade o lema “pensa globalmente, actúa localmente”.

CREACIÓN DUN KIT DE COMUNICACIÓN SOBRE OS ODS

COmunicánDonoS é unha guía práctica para a elaboración de contidos audiovisuais e podcasts relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible elaborada na segunda fase do proxecto. Creado por un grupo motor procedente dos 4 socios do proxecto, pretende facilitar a creación de contidos de sensibilización sobre as temáticas relacionadas coa Axenda 2030. Publicado en castelán, catalán e galego, ComunicánDonoS foi distribuído a 500 organizacións a nivel estatal, organizacións sociais e medios locais.

EN CASTELÁN

EN GALEGO

EN CATALÁN

12 ESTRATEXIAS LOCAIS DE COMUNICACIÓN "EMPEZA POR TI" SOBRE OS ODS

No marco da segunda edición do proxecto entre 2022 e 2023, puxéronse en marcha unhas alianzas multiactor-multinivel en 12 municipios a nivel estatal para a implementación de estratexias locais que integrasen actividades orientadas á consecución dos ODS priorizados en cada localidade. Integrar actores procedentes de distintos ámbitos locais no deseño de estratexias mediáticas sobre os ODS e a Axenda 2030 permitiu aterrar os ODS a nivel local e ofrecer informacións prácticas á cidadanía co fin de favorecer procesos de reflexión e, sobre todo, cambios de hábitos cara a modelos máis xustos e sostibles.

Así mesmo, estas alianzas locais seleccionaron distintas prioridades, segundo o ámbito xeográfico do municipio e as prioridades políticas locais, e puxeron en marcha estratexias mediáticas tituladas “Empeza por ti”, elaborando contidos de audio e vídeo co obxectivo de involucrar á cidadanía na consecución dos ODS.

OS ENCONTROS ESTATAIS DE MEDIOS LOCAIS

OS ENCONTROS ESTATAIS DE MEDIOS LOCAIS

Os socios do proxecto xa organizaron 4 encontros estatais no marco das dúas primeiras edicións de Onda ODS, entre 2021 e 2024. Mediante debates públicos, seminarios internos e conferencias, estes eventos permitiron explorar estratexias que contribúan á implementación da Axenda 2030 desde a comunicación local.

Por outra banda, favoreceron o intercambio entre profesionais da comunicación, de boas prácticas en materia de estratexias de promoción, de incidencia política ou de alfabetización mediática arredor das prioridades da Axenda 2030. Organizarase o quinto encontro estatal en 2025, no marco da terceira fase do proxecto.

DINAMIZACIÓN DA PARTICIPACIÓN DA CIDADE A TRAVÉS DE CICLOS FORMATIVOS

Para favorecer a participación activa da poboación no impulso dos obxectivos da Axenda 2030, EMA-RTV, EMUGA, REMC e RTVC impulsarán en 2022 diversos ciclos formativos de comunicación e uso de ferramentas radiofónicas e audiovisuais en 12 concellos rurais dirixidos a 120 mulleres, mozos e membros de entidades que promoven procesos de transición ecolóxica no ámbito local.

Á súa vez, os participantes serán os encargados de elaborar unha serie de spots radiofónicos e de vídeo relacionados cos retos aos que se enfronta o noso territorio, que pasarán a formar parte dos contidos difundidos no marco da estratexia de comunicación global xerada polo proxecto.

🚀 Esta semana en Onda ODS estreámos algo histórico: o primeiro programa radiofónico multilingüe sobre os ODS en todo o Estado!

Unha aposta pola diversidade de linguas, miradas e voces para falar da Axenda 2030 desde o local e próximo.

Neste primeiro episodio mergullámonos na emerxencia climática:
🎙️ Entrevista en profundidade
👣 Reportaxe a pé de rúa
🛡️ Consellos para combater bulos climáticos

Ir o contido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.

Strictly Necessary Cookies

Strictly Necessary Cookie should be enabled at all times so that we can save your preferences for cookie settings.

Analytics

This website uses Google Analytics to collect anonymous information such as the number of visitors to the site, and the most popular pages.

Keeping this cookie enabled helps us to improve our website.