III XORNADAS RETOS GLOBAIS – IMPACTO LOCAL

Tras o impulso xerado nas dúas edicións anteriores das Xornadas Retos Globais – Impacto Local, EMA-RTV continúa fortalecendo este espazo de reflexión e acción no marco do proxecto Onda ODS. Co obxectivo de seguir afondando no papel fundamental que desempeña a comunicación na consecución da Axenda 2030, celebrouse a III edición das Xornadas Retos Globais – Impacto Local, reafirmando o seu compromiso coa divulgación, coa análise crítica e coa transformación social desde os medios de proximidade.

Esta terceira edición tivo lugar o 17 de outubro de 2025 no Centro Cívico Las Sirenas, na Alameda de Hércules de Sevilla. Ao longo da xornada, profesionais da comunicación, representantes de medios comunitarios e expertos en desenvolvemento sostible abordaron os retos globais que formula a Axenda 2030 e como o seu impacto se materializa no ámbito local, especialmente en contextos comunitarios e territoriais.

Os debates e mesas de traballo centráronse nos retos actuais dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e no papel estratéxico da comunicación como ferramenta de transformación social, sensibilización cidadá e fortalecemento democrático. Desde a innovación comunicativa ata a análise de iniciativas locais inspiradoras, a xornada converteuse nun punto de encontro para compartir experiencias, explorar novas narrativas e reforzar a importancia dos medios locais na construción dun futuro máis xusto, inclusivo e sostible.

Coa participación activa dos socios do proxecto Onda ODS – O futuro é teu, esta terceira edición consolidou o camiño iniciado en anos anteriores, achegando a Axenda 2030 á cidadanía e promovendo o papel esencial da comunicación para afrontar os desafíos globais desde unha perspectiva local.

O proxecto Onda ODS – O futuro é teu: innovación social arredor da Axenda 2030 desde os medios de proximidade

Primeira mesa redonda das Xornadas para dar a coñecer as iniciativas pioneiras levadas a cabo no marco da terceira edición do proxecto ONDA ODS.

Coa participación de:
· Paco Aguaza, coordinador de proxectos da Rede de Medios Comunitarios
· Maria Rovira, directora de RTV Cardedeu
· Ana Santiago, coordinadora da Asociación de Emisoras Municipais Galegas

Mesa de experiencias: comunicación local e incidencia política e social

Segunda mesa redonda das Xornadas, que puxo en valor experiencias innovadoras de comunicación relacionadas cos ODS.

· Radio local, IA e redes sociais – Henrique Sanfiz, secretario xeral de EMUGA (A Coruña)
· A xarxa d’informació positiva – Pili Garcia, coordinadora de EMUN (Lleida)
· Comunicación comunitaria, un relato local alternativo – Viky Robles, activista social e colaboradora de Radio Jabato (Madrid)


O cinema documental, ferramenta de transformación cara a un mundo máis sostible

Relatorio de Antonio Rodrigo, director de cinema documental e fundador de Nomadocs, sobre o potencial do cinema documental como ferramenta de sensibilización arredor da Axenda 2030.

Podcast, tolemia, radio e literatura

Relatorio de Antonio Tizón Barral, escritor e xornalista, sobre distintos aspectos relacionados coa comunicación multimedia e a saúde mental.

Boas prácticas mediáticas e participación cidadá

Terceira mesa redonda das xornadas, que deu voz a unha serie de medios de proximidade que, día a día, demostran que existen estratexias innovadoras para implicarse na consecución dos ODS desde o ámbito local.

· A campaña “Cada residuo conta” – Núria Carrés, xerente do Consello Comarcal do Vallès Occidental, e Meritxell Vañó, xefa da Unidade de apoio a xerencia e presidencia
· A radio comunitaria: proxectos desde a cidadanía – Alicia Barba, colaboradora de OMC Radio (Madrid)
· O proxecto “Retos – Comeza por ti” – Juan Antonio Hipólito, presidente do Colexio Profesional de Xornalistas de Andalucía en Huelva e director de Onda Minera RTV (Nerva)

Ir o contido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.

Strictly Necessary Cookies

Strictly Necessary Cookie should be enabled at all times so that we can save your preferences for cookie settings.

Analytics

This website uses Google Analytics to collect anonymous information such as the number of visitors to the site, and the most popular pages.

Keeping this cookie enabled helps us to improve our website.