A ESTRATEXIA LOCAL EN GRAZALEMA E OS RETOS CIDADÁNS

En Grazalema, a estratexia local foi liderada por EMA-RTV xunto coa emisora municipal Radio Grazalema e o apoio constante do Concello do municipio. A formación dun grupo motor constituído por EMA-RTV, Radio Grazalema, así como numerosas entidades procedentes do tecido social de Grazalema permitiu definir eixes estratéxicos prioritarios para o municipio e impulsar a creación e gravación dos retos cidadáns. Estes eixes foron: Consumo responsable, Igualdade de xénero, Educación, Coidado do medio ambiente, aforro enerxético, protección da biodiversidade e mobilidade sostible, correspondentes cos ODS 4, 5, 6, 7, 11, 12, 13 e 15.

Unha vez establecidas estas prioridades, Radio Grazalema coordinou a creación e gravación dos retos cidadáns, que unha vez editados se emitiron na emisora local durante meses.

AS ENTIDADES QUE PARTICIPARON NA ESTRATEXIA

Entrevista a Carlos Javier García, Alcalde de Grazalema (Cádiz)

Entrevista a Paqui Viruez, Directora de Radio Grazalema

Entrevista a Susi de León, Profesora de Geografía e Historia en el IES Sierra de Grazalema

Entrevista a Nieves Gómez, (Hyla Formación)

Entrevista a Víctor Jiménez (Fundación Grazalema Regenerativa)

Entrevista a Miriam Carrión (Fundación Grazalema Regenerativa)

ESCOITA OS 30 RETOS CIUDADANS

A XORNADA DE RADIO EN DIRECTO

O 12 de marzo de 2024, EMA-RTV organizou en colaboración coas entidades involucradas na estratexia local ONDA ODS – Empeza por ti, unha xornada de radio en directo na praza principal do municipio. Ao longo de máis de 2 horas de programación, realizáronse unha decena de entrevistas a axentes sociais, a representantes do goberno local, así como a persoas involucradas en actividades relacionadas cos ODS e a consecución dos retos da Axenda 2030 no municipio. Abordáronse temáticas como a xestión innovadora dos residuos impulsada polo goberno local, a preservación dos recursos naturais na Serra de Cádiz, os retos da gandaría rexenerativa, así como unha multitude de temas que puxeron de manifesto o dinamismo de Grazalema en canto aos ODS.

O programa resultante emitíuse ao día seguinte na Onda Local de Andalucía, para as 90 emisoras socias de EMA-RTV dando gran visibilidade ao proxecto Empeza por ti.

EMA-RTV / Onda Local de Andalucía
EMA-RTV / Onda Local de Andalucía
Programa especial - Grazalema empieza por ti - Parte I
Loading
/
EMA-RTV / Onda Local de Andalucía
EMA-RTV / Onda Local de Andalucía
Programa especial Grazalema empieza por ti - parte II
Loading
/
Ir o contido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.

Strictly Necessary Cookies

Strictly Necessary Cookie should be enabled at all times so that we can save your preferences for cookie settings.

Analytics

This website uses Google Analytics to collect anonymous information such as the number of visitors to the site, and the most popular pages.

Keeping this cookie enabled helps us to improve our website.