A ESTRATEXIA LOCAL EN FENE E OS RETOS CIDADÁNS

En Fene, a asociación de Emisoras Municipais Galegas EMUGA impulsou a creación dun grupo motor que permitiu crear e lanzar a campaña Onda ODS Empeza por ti. Este grupo motor, formado por varias entidades tanto públicas como privadas procedentes do tecido sociocultural e económico do municipio, identificou varias prioridades que correspondían co diagnóstico do contexto local en canto á Axenda 2030. Tras varias reunións, decidiu que as consideradas máis adecuadas para levar a cabo a campaña en Fene foran:

  • Educación de Calidade,

  • Auga Limpa e Saneamento

  • Enerxía Asequible e Non Contaminante

Por outra banda, decidiu incluír a Igualdade de Xénero en todas as accións de forma transversal. Por tanto, seleccionáronse os ODS 4, 5, 6 e 7 para a creación dos retos cidadáns.

Así, o obxectivo número 5, Educación de Calidade, tomou especial relevancia para o grupo motor, sobre todo porque se entendeu o significado da educación non só como algo especificamente relacionado co aprendizaxe académico, senón tamén con outros aprendizaxes vitais imprescindibles para o desenvolvemento integral como persoas.

O obxectivo número 6, Auga e Saneamento, está moi presente na sociedade de Fene, e na rexión en xeral, ao tratarse dun territorio costeiro no que a presenza do mar, das rías como accidente xeográfico específico, está presente en moitos aspectos da vida da sociedade feniana. Zona mariñeira de alto valor, zona industrial asociada á construción naval, etc.

Respecto ao obxectivo número 7, Enerxía asequible e non contaminante, o grupo motor sinalou a importancia da instalación de fontes de enerxía fotovoltaica e as posibilidades de xerar enerxía limpa nos propios fogares, non só pola situación económica senón tamén como unha forma de Ser individual que contribúe a reducir a pegada de carbono colectiva ao reducir a demanda de electricidade producida de forma convencional.

Unha vez identificadas as prioridades, as persoas que formaban parte das entidades do grupo motor e de EMUGA xeraron e gravaron 30 retos cidadáns relacionados con estes eixes que foron posteriormente emitidos ao longo de meses na emisora municipal.

A XORNADA DE RADIO EN DIRECTO

As Rías e os retos de Onda ODS foron o fío condutor do programa especial en directo que tivo lugar no antigo Colexio Indio de Limodre, en Fene, o 1 de febreiro de 2024. O programa falou sobre a labor da escola na sensibilización da mocidade para afrontar os desafíos do Planeta. Medios de transporte colectivos, como as embarcacións para cruzar a ría, a pesca do bacallau, a evolución da industria naval e a influencia dos estaleiros no desenvolvemento das sociedades da súa zona de influencia. Os granxeiros de Magalofes, os lavadeiros de Sillobre e a vida nas parroquias de Fene.

A actualidade tamén estivo presente no programa, a profesora da USC Lois Otero profundou sobre o problema da calidade da auga, co desastre do perdigón vertido nas costas galegas, informou de como a man humana ten a culpa da degradación da auga do planeta.

Foron moitos os temas tratados neste programa especial que levou a radio á antiga escola de Limodre e no que se contou coa presenza, entre participantes e público, de case 200 persoas ao longo das tres horas de programa. Un espazo que tamén foi seguido pola retransmisión radiofónica convencional, a través da páxina web e, posteriormente, revisitado a través do formato podcast e o canal de YouTube.

ESCOITA O PROGRAMA

EMUGA / Radiofusion
EMUGA / Radiofusion
Programa especial: Fene Empieza por ti - Parte 1
Loading
/
EMUGA / Radiofusion
EMUGA / Radiofusion
Programa especial: Fene Empieza por ti - Parte 2
Loading
/
EMUGA / Radiofusion
EMUGA / Radiofusion
Programa especial: Fene Empieza por ti - Parte 3
Loading
/
EMUGA / Radiofusion
EMUGA / Radiofusion
Programa especial: Fene Empieza por ti - Parte 4
Loading
/
Ir o contido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.

Strictly Necessary Cookies

Strictly Necessary Cookie should be enabled at all times so that we can save your preferences for cookie settings.

Analytics

This website uses Google Analytics to collect anonymous information such as the number of visitors to the site, and the most popular pages.

Keeping this cookie enabled helps us to improve our website.